A xornada “Dixitalización no entorno rural”, organizada por APE Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia e IGAPE, chega o vindeiro 10 de outubro a Ferrol para potenciar e mellorar os negocios no rural.
????O evento terá lugar de 12:30 a 14:00 horas na Delegación da Xunta de Galicia en Ferrol (Pza. Camilo José Cela, s/n) e contará coa participación de Covadonga Toca, Directora Xeral do IGAPE e Martina Aneiros, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.
A QUÉN ESTÁ DIRIXIDA?
Esta xornada, basada no diálogo e intercambio de ideas, está dirixida a todas aquelas persoas traballadoras autónomas e pemes que, desde zonas rurais, queren mellorar o seu establecemento, consolidar os seus proxectos ou reinventar os seus negocios. Ademáis está orientada tamén todas as persoas mozas que ven no rural unha oportunidade para emprender.
OBXECTIVO:
Nesta ponencia falarase da dixitalización coma ferramenta de solución de problemas, sobre o modo de aforrar tempo automatizando tarefas ou sobre como vender usando as redes sociais e tendas en liña para chegar a máis clientes. Por suposto, haberá tempo de facer unha breve revisión ás axudas que vixentes que se poden solicitar para cubrir estos ou otros gastos.
En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é amosar as ferramentas e oportunidades que poden brindar os cambios tecnolóxicos, analizar que precisan os negocios rurais e cales son as súas posibilidades, entusiasmar a toda persona traballadora autónoma para avanzar no seu proxecto e mellorar o seu negocio, así como, animar a emprender a todos esos mozos e mozas que ven no rural unha oportunidade para o desenvolvemento profesional e reinvención dos negocios.
DOCENTE:
????Jaime Barreiro, experto en marketing dixital e xerente de Cactus Digital e Cactus Tic, será o encargado de impartir o relatorio mediante un análisis da situación dos negocios e pemes na contorna rural afondando nas técnicas e ferramentas para melloralos.
PRÓXIMAS PARADAS:
???? O programa pasará tamén durante este mes de outubro no mesmo horario por San Cibrao Das Viñas, Ribadeo, Chantada, Valdeorras e Marín, onde se clausurará.
As persoas interesadas en participar poden insciribirse a través de www.apegalicia.gal