Unha mala noticia no xigante de internet pode acabar coa reputación e afectar negativamente ao prestixio dunha persoa ou empresa. Baixo esta premisa naceron empresas especializadas que traballan para borrar da web información ou datos das persoas autónomas ou empresas que poden xerar problemas de seguridade e ser utilizados de maneira indebida ou fraudulenta. Algunhas empresas coñecidas neste sector son TeBorramos, Honoralia, ePrivacidad, OnBranding ou RepScan.
Ás veces, na web ou plataformas dixitais podemos atopar todo tipo de contido relativo a diferentes negocios, tanto verdadeira como falsa, que pode arruinar totalmente a súa reputación e levalos á quebra. Neste eido, é sabido que o que se publica na rede xera unha publicidade e, en ocasións, unha imaxe negativa que gracias a este tipo de empresas se pode controlar. Hoxe en día, ter unha boa reputación online é fundamental para o crecemento dun negocio.
Máis polo miúdo, a época de transformación dixital na que vivimos actualmente proporciona un gran número de vantaxes pero, doutra banda, tamén existen os perigos e riscos na sociedade hiperconectada. En relación a isto, no caso de empresas e particulares non podemos obviar que Internet é o seu escaparate cara o público, por esta razón é tan importante exercer un control do contido que se amosa na rede e que pode influír na súa reputación tanto de maneira positiva como negativa. Doutra banda, tamén existen directorios e outras bases de datos nos que se atopa almacenada información privada e persoal de empresas ou persoas autónomas susceptible de ser utilizada de forma maliciosa.
Ao amparo destas conductas contamos co dereito ao esquecemento que se recolleu expresamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. Estes dereitos protexen ás persoas afectadas de cara ao acceso, a rectificación, oposición, supresión, portabilidade e limitación destes datos, prevalecendo á privacidade dos cidadáns fronte a outros intereses. Por iso, calquera persoa ou empresa que vexa publicados datos privados seus ten o dereito a solicitar, baixo certas condicións, que os enlaces que dirixan a información particular non figuren nos resultados dunha busca en Internet realizada polo seu nome e apelidos.
Para esta práctica existen empresas que realizan un traballo minucioso que consiste en eliminar toda esa pegada dixital que non nos interesa que estea nas plataformas online. Unha das principais empresas a nivel nacional en materia de supresión de datos na web e exercicio do dereito ao esquecemento é TeBorramos, constituída por un equipo de periodistas, avogados, informáticos e outros profesionais do sector dixital e que conta con máis de 15 anos de experiencia no sector da consultoría en tecnoloxías de información.