Como cada 8 de marzo, celébrase oficialmente dende o ano 1975, o Día Internacional da Muller, institucionalizado polas Nacións Unidas como conmemoración da loita das mulleres pola igualdade de dereitos.
Trátase dun día no que, ademáis de lembrar os avances conseguidos, preténdese alzar a voz sobre todo o traballo que queda por facer ante as desigualdades que continúan producíndose entre homes e mulleres en todo o mundo.
A pesar da situación que estamos a vivir coa crise sanitaria do coronavirus, que tanto está a afectar ás persoas traballadoras autónomas, o emprendimento é unha das saídas máis comúns para as mulleres que buscan a súa independencia económica e o seu desenvolvemento persoal.
Ata o ano pasado, as mulleres estaban a liderar o crecemento no emprendemento en España na última década, sendo do 11,5% frente ao 2,4% que rexistraron os homes. O comercio e a hostalaría convirtírinse nos sectores que contaban con máis presenza de mulleres traballando por conta propia.
Sen embargo, coa pandemia, estos sectores, fundamentais para a economía dun país por seren xeradores de riqueza e de postos de emprego, tamén se converteron en uns dos máis afectados polas continuas medidas restritivas por parte das autoridades sanitrias que se tiveron que tomar para frear os contaxios pola Covid-19.
En Galicia, o 40% das persoas traballadoras autónomas son mulleres, mulleres que loitan por saír adiante, pola conciliación real entre vida laboral e familiar, por demostrar que son tan capaces coma os homes.
As autónomas, que aínda teñen moito camiño por percorrer xunto coa sociedade para lograr unha igualdade real cos homes, necesitan máis que nunca do apoio de todas as institucións e axentes sociais para poder resistir nesta crise e volver á tendencia positiva cando todo mellore.
É fundamental no mercado labroal a participación da muller como emprendedoras, xa que está demostrado que, polo xeral, nos sectores onde elas máis interveñen activamente saen máis reforzados e, polo tanto, a economía crece.
Por iso, dende APE Galicia, queremos estar xunto con todas as mulleres neste e en todos os día do ano, pero apoiando especialmente ás mulleres traballadoras autónomas como o estamos facendo ata agora e seguiremos facéndoo, con proxectos específicos para elas, asesoramento, formación… Porque xuntas somos máis fortes.