As persoas traballadoras autónomas, que vexan suspendida a súa actividade polo COVID-19, cando a súa facturación redúzase nun 75% respecto á media de facturación do semestre anterior, terán dereito a unha prestación extraordinaria.
A prestación será do 70% da base mínima de cotización do RETA. Durará 1 mes e poderá ampliarse se se prolonga esta situación.
Esta prestación extraordinaria non será compatible con outras prestacións da Seguridade Social.
O tempo que dure esta prestación entenderase como cotizado e non reducirá os períodos de prestación por cesamento de actividade futuros.
Requisitos:
– Alta no RETA (ou en R.E. de Traballadores do Mar), como mínimo desde a data de declaración de estado de alarma.
– Se a súa actividade non se inclúe entre as suspendidas, acreditar a redución do 75% na facturación.
– Liquidar, se existise, a súa débeda con Seguridade Social.
Amplía esta información consultando os anexos.