A pesar do difícil momento que se está a vivir pola crise xurdida pola pandemia mundial, as persoas traballadoras autónomas debían enfrentar a liquidación da cuota correspondente ao mes de decembro da débeda coa Seguirdade Social de entre 22 e 98 euros.

Sen embargo, este cobro aprazouse ao parecer por cuestións informáticas, aínda que tamén poido ter algo que ver as forte oposición do sector con esta decisión de cobrar parte da débeda de todos os autónomos pola subida dos tipos de cotización que tiñan que aplicarse a principios de 2020 e non se fixo ata outubro, xa que consideraban que o momento era o menos oportuno e instaban ao Goberno central a paralizar o incremento a mellores tempos.

De calquer xeito, a Tesorería ten previsto facer no 2021 esta liquidación, que vai de entre 3 e 12 euros dependendo da base da cotización.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?