APE Galicia ten dispoñibles dous cursos gratuítos, dirixidos a persoas desempregadas, que serán impartidos en modalidade presencial a partir deste mesmo mes de novembro.
En concreto, un dos cursos é «Organización e xestión de almacéns» que, cunha duración de 408 horas, será impartido en horario de 15 a 20 horas na aula 2 da sede de APE Galicia, na rúa Gagos de Mendoza (Pontevedra). Doutra banda, tamén ofertaremos «Xestión de márketing e comunicación» que, cunha duración de 828 horas, será impartido en horario de 9:00 a 14:00 horas, tamén na sede de APE Galicia.
Máis polo miúdo, as dúas formacións, que está previsto que comecen o día 28 de novembro, conducen á obtención de Certificados de Profesionalidade e o número de prazas para participar é limitado. Ademais, é preciso resaltar que para poder realizar estes cursos de nivel 3 é necesario cumprir, polo menos, un dos seguintes requisitos:
– Estar en posesión do título de Bacharelato
– Posuír outro Certificado de Profesionalidade do mesmo nivel
– Estar en posesión dun Certificado de Profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional
– Dispoñer dun título de Técnico ou Técnico superior de FP
– Posuír un título de Técnico ou Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño
– Contar cunha titulación universitaria oficial
– Ter superada a proba de acceso a un ciclo formativo de grado superior
– Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou de 45 anos
– Ter as competencias necesarias para cursar con aproveitamento esa formación
Se reúnes os requisitos non dubides en anotarte. Solicita máis información chamando ao 986 891 657.