Pontevedra, 30 setembro 2020.-

APE Galicia suxire, na Mesa do Autónomo, ampliar os prazos e simplificar a tramitación das axudas da Xunta  ós autónomos.

Durante a súa intervención na Mesa do Emprego Autónomo celebrada onte, á que asistiu a nova conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, a asociación sinalou que resulta necesario ampliar a aplicabilidade de algunhas das axudas propostas e darlles unha maior difusión, xa que os autónomos descoñecen, en moitas ocasións, a súa existencia e vense e limitados pola falta de tempo, a falta de coñecementos en dixitalización e a burocracia.

Así mesmo, insistiu en que resulta absolutamente necesario garantir a conectividade das zonas rurais, especialmente nunha comunidade como a nosa na que  moitas/os profesionais autónomas/os desenvolven a súa actividade nestas entornas.

Resolto o problema das ITV 

Por outra banda, APE Galicia, que representa a 65000 traballadoras/es por conta propia, amósase satisfeita coa decisión do Tribunal Supremo de contar como válida a data real das inspeccións nas ITV prorrogadas durante o estado de alarma.

Ó suspender cautelarmente o apartado segundo da Orde SND 413/2010, de 15 de maio, que obrigaba a manter a data orixinal de caducidade das ITV prorrogadas polo confinamento, o TS puxo fin a un problema que afectaba especialmente ás traballadoras e traballadores por conta propia. Moitas/os autónomas/os teñen vehículos industriais obrigados a pasar a ITV cada seis meses e se estaba dando a estraña situación de ter que inspeccionalos dúas veces en menos de tres meses, asunto que APE Galicia xa comunicara á Xunta de Galicia.

https://pontevedraviva.com/opinion/5925/autonomos-piden-xunta-simplifique-amplie-axudas/?fbclid=IwAR0Q58Yohvhidok1qgNxvCeosLTYgyPEmHwzMnfwbszUwKrjTnHjMBWSe8A

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?