Desde esta organización expresamos a nosa oposición á decisión do Goberno central de autorizar a subida das peaxes e esperamos poder reverter esta situación, que sabemos é inasumible polo colectivo autónomo.

Coa subida programada a AP-9 converterase na segunda autoestrada máis cara de España. Por esta razón, APE Galicia sumouse á plataforma contra a subida das tarifas da AP-9 xunto co resto de organizacións. O colectivo autónomo ao que representa APE Galicia manifesta a súa indignación ante a próxima subida de case o 3% do prezo na peaxe en Galicia. Non é xusto pagar por un tipo de infraestruturas que en moitos casos é a única alternativa, e que afectará sobre todo á competitividade de autónomos e pemes galegas.

Poden consultar a noticia en:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2019/12/13/agtamar-upta-ape-juntos-frente-contra-subida-ap-9/00031576232444070641591.htm