O futuro do segundo Plan de Rescate para as persoas traballadoras autónomas da Xunta de Galicia atópase nun punto crucial nestes momentos, tras varias semanas de intenso traballo entre APE Galicia e a Consellería de Emprego e Igualdade, xunto con as outras asociacións pertencentes a Mesa do Traballo Autónomo.
Tal e como avanzaba onte Alberto Núñez Feijóo, presidente do Goberno galego, a súa administración aumentou a achega económica neste plan de 50 a 75 millóns de euros que, sumados aos xa investidos no anterior, supón que a Xunta desembolsará máis de 150 millóns de euros en apoiar aos sectores económicos que peor o están pasando debido ás medidas restritivas tomadas para tentar frear a evolución da pandemia.
Con todo, tal é a situación crítica que están a atravesar a persoas traballadoras autónomas, as microempresas, a hostalería e o turismo, que desde o Goberno galego e desde a propia Mesa do Traballo Autónomo demandouse en diversas ocasións que outras administracións galegas participen neste esforzo colectivo para tentar salvar ao sector.
A pesar dos avances que se conseguiron en canto ás contías económicas das que estaría dotado este novo fondo de axuda, Xunta, Deputacións e Concellos seguen sen chegar a un acordo final que permita poñer en marcha este segundo plan de rescate, tan reclamado e necesario para todos os afectados e, tamén, para a economía galega.
As administracións provinciais da Coruña, Pontevedra e Lugo consideran “insuficiente” a achega da Xunta para este segundo plan, aínda que o maior desacordo entre as institucións é o decidir cal sería a administración encargada de xestionar a tramitación e a repartición de fondos.
Desde APE GALICIA consideramos que no momento actual, é imprescindible pechar esta segunda liña de axudas canto antes e nas condicións que máis seguridade transmitan, debendo primar o resolver a difícil situación que atravesan máis de 200 mil autónomos galegos a outras posibles ansias que non sexan as da responsabilidade e a solidariedade.
A Consellería dirígida por María Jesús Lorenzana demostrou a capacidade de xestionar e estar á altura das necesidades do colectivo autónomo coa execución do primeiro Plan de Rescate. En pouco máis dun máis, xestionáronse máis de 50.000 solicitudes coa rapidez que estas circunstancias excepcionais requiríano e cunha notable eficacia.
Ademais, conta xa coas ferramentas e os mecanismos para levar a cabo este plan, no que levamos traballando nas últimas semanas, ademais da experiencia adquirida co anterior plan, que nos permite mellorar todos aqueles puntos débiles que puideron existir na anterior convocatoria.
Por iso, pensando nas necesidades e o beneficio do colectivo que representamos, desde APE Galicia reclamamos tanto ás deputacións como os concellos que permitan á Xunta xestionar os fondos para este segundo plan de rescate e, así, poder empezar a distribuír os máis de 80 millóns de euros que se poñerían ao dispor da hostalería, micropemes e persoas traballadoras autónomas, que tanto o necesitan para poder subsistir nestes momentos.
Tal e como expresou o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas: “A situación das 200.000 persoas traballadoras autónomas en Galicia é totalmente crítica, están ao límite das súas posibilidades, polo que o que precisan son respostas inmediatas e eficaces e non confrontacións que non levan a ningunha parte e non achegan nada positivo, máis nada que incerteza e máis atrasos en accións que son necesarias agora máis que nunca. É momento de traballar xuntos”.