Nesta xornada informativa participaron Covadonga Toca, directora Xeral do Igape e Pablo Fernández, secretario Xeral de Emprego e Relacións laborais da Consellería de Emprego Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, co fin de dar a coñecer todas as liñas de apoio dispoñibles que o colectivo autónomo pode solicitar.

O pasado xoves, 23 de maio ás 19:00, na sede de APREVAR en Lugo e coa súa colaboración, APE Galicia presentou o seu novo programa APE FORMAC IÓNS, unha serie de talleres prácticos e gratuítos para aprender e/ou mellorar a xestión dos negocios, así como algunhas das pílulas formativas de interese para o colectivo que estarán dispoñibles na nosa web www.apegalicia.es a partir do mes de xuño.

Durante esta presentación houbo un reservado un espazo para dar a coñecer todas as axudas e apoios que ofrece a Xunta de Galicia para autónomos e pemes, da man de Covadonga Toca Carús, directora Xeral do IGAPE e de Pablo Fernández López, secretario xeral de Emprego e Relacións laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

A xornada finalizou convidando a todos os participantes a un café Networking, onde se aproveitou para coñecer e profundizar sobre as necesidades e demandas do colectivo ao que representa APE Galicia, e onde tanto a directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca, e Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e Relacións laborais deron resposta e aclararon algunhas das dúbidas dos participantes interesados nas liñas de apoio que ofrece o goberno galego.

                       

                      

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?