Pontevedra. 6 outubro 2020.-
A cotización por tramos que prepara o Goberno podería beneficiar a miles de autónomos en Galicia e responde a unha demanda histórica do colectivo de traballadoras e traballadores por conta propia e, de artellarse correctamente, podería beneficiar a miles de traballadores por conta propia na nosa Comunidade e axudar a evitar o peche dos negocios máis pequenos, numerosos unipersonais con baixos ingresos que se ven actualmente ameazados pola obriga de pagar unha cota de autónomos que non poden asumir.
Xa en 2019, previamente á aparición do COVID-19, en Galicia un de cada tres autónomos que se daba de baixa facíao por motivos económicos, como non acadar o salario mínimo interprofesional ou ser asfixiado pola carga fiscal, as facturas non pagadas ou a dificultade para atopar clientes, e máis dun 16% atopaba traballo asalariado en mellores condicións, tal como reflexa o Estudo Nacional do Autónomo en Galicia, realizado por Infoautónomos e a Universidade de Granada.
Ingresos reais e saldos negativos
APE Galicia considera que, para ser efectiva, a cotización por tramos debería aplicarse en función dos ingresos reais dos autónomos, é dicir, facturación menos gastos (especialmente os referidos a pago de traballadores contratados), xa que se se limitan á facturación non reflexarían a realidade económica dos autónomos e aplaude a opción de fixar tipos negativos para que os que coticen máis do que ingresan poidan optar á devolución, pero matiza que sería preferible crear un sistema que evitase que evitase que eses autónomos, con claras dificultades para chegar a fin de mes, tivesen que adiantar o diñeiro das cotas á seguridade social.