O próximo luns 26 de abril comeza o TALLER ONLINE DIXITALÍZATE, organizado por APE Galicia SÓ para negocios do Concello de Marín.

Está dirixido tanto a persoas traballadoras autónomas como persoas empregadas que queran aprender a utilizar todas as ferramentas e coñecementos básicos para que a imaxe online do negocio mellore notablemente e atraia clientes.

Con máis de 10 anos de experiencia en comunicación dixital, Natalia Maquieira, CEO en PASOAPASO, será a encargada de impartir este curso onde se darán as claves para xestionar un sitio web de calidade para vender e converter os seguidores nas redes sociais en clientes.

Organizado por APE Galicia, coa financiación do Concello de Marín e a colaboración de ACEMAS, Asociación de Comerciantes Marín Sur.
.
 INFO E INSCRICIÓNS:
 info@apegalicia.es
 986 891 657

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?