Desde APE Galicia temos o pracer de anunciar a nosa colaboración con EFBS Grupo Educativo e CESUGA no desenvolvemento e difusión de varios programas formativos totalmente gratuítos dentro da iniciativa Transformación Digital Pymes, financiada polos fondos europeos NextGenerationEU.

O obxectivo destes programas é mellorar a capacitación dixital das pemes galegas e apoiar a súa adaptación ás novas esixencias tecnolóxicas, administrativas e de competitividade empresarial.

Formacións dispoñibles

1. Cursos de 50 horas

Dirixidos a pemes con menos de 10 persoas empregadas

  • Business Intelligence con Power BI: ferramentas para a análise de datos, visualización e toma de decisións.

  • Xestión dixital coas Administracións Públicas e Facturación Dixital: actualización en tramitación electrónica e sistemas de facturación obrigatorios.

2. Curso de 150 horas

Dirixido a pemes de entre 10 e 250 persoas empregadas

  • Generación Digital Pymes: formación avanzada para equipos directivos e persoal empregado, orientada a impulsar a transformación dixital e a mellora competitiva da empresa.

Estas accións representan unha oportunidade única para que as pemes galegas adquiran novas competencias, incorporen solucións dixitais e reforcen a súa eficiencia nun contorno económico cada vez máis esixente.

Quedamos á disposición de todas as empresas e profesionais interesados para ofrecer información sobre requisitos, inscricións e contidos dos cursos.