Esta mañá, na sede da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia ( APE Galicia), en Pontevedra, tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a devandita entidade e a Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos de España, ( UPTA ESPAÑA).
Este convenio permitirá desenvolver actividades conxuntas en beneficio do colectivo autónomo e que APE Galicia véxase representada a nivel nacional ante as principais institucións españolas e da Unión Europea.
Esta colaboración proporcionará aos asociados de APE Galicia unha maior cobertura e mellora dos servizos de información e asesoramento xurídico, fiscal, laboral ou contable, prevención de riscos laborais, subvencións, etc., ademais de poder ser beneficiarios dos convenios establecidos por UPTA ESPAÑA con diferentes entidades públicas e privadas, universidades e plataformas sectoriais entre outras.
Varios membros da xunta directiva e a secretaria técnica da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, acompañaron durante a firma deste acordo ao presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas e a Eduardo Abad, secretario xeral de UPTA ESPAÑA.
#apegalicia #autónomos #pymes