O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, firmou esta mañana, acompañado pola secretaria técnica executiva da Asociación, Sonia Acuña, un convenio de colaboración con Duatel Business S.L., representado por Rafael Romero Rodríguez, responsable de Grandes Contas da delegación de Vigo, e Josep María Martín, asesor comercial.

O obxectivo deste acordo é o de establecer un marco de cooperación institucional en orde a realizar proxectos de mutuo interese que beneficien aos asociados de APE Galicia en canto ao seu asesoramento, formación e aportación de medios humanos e materiais para a adaptación do colectivo ás novas tecnoloxías e métodos de xestión empresarial, con actuacións específicas onde se elaborarán de informes, proxectos, eventos…

Para a concreción de ditas actuacións, realizaranse reunións nas que se fixarán os obxectivos a conseguir e a forma de levalos a cabo, colaborando na difusión e publicidade dos mesmos.