No día de onte procedeuse á firma dun convenio entre APE Galicia e ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios), na firma do mesmo interviñeron os presidentes de ambas as asociacións, D. José Ramón Caldas Martínez ( APE Galicia) e D. Luís Duro Martínez ( ARE).

En aras de axuntar esforzos, APE Galicia e ARE traballarán de forma conxunta para coñecer, de primeira man, as necesidades dos profesionais e autónomos dos concellos de Rianxo,

A Asociación Rianxeira de Empresarios, leva traballando desde o ano 1988 na defensa dos intereses dos seus asociados, traballadores e traballadoras autónomas dos sectores do comercio, a hostalería e servizos do Concello de Rianxo. De ARE depende directamente CCA de Rianxo Comercio Unido desde o ano 2005.

A firma deste convenio vén sumarse ás moitas accións que  APE Galicia leva a cabo na nosa comunidade autónoma, e con iso pretende desenvolver programas de formación, recursos e servizos dirixidos ao colectivo autónomo e emprendedor do  concello de Rianxo, prestando especial atención á promoción e fomento do asociacionismo

Ambas as asociacións traballarán conxuntamente para a elaboración de propostas relativas a materias de interese xeral ou sectorial dos autónomos, así como información, formación, fomento da empregabilidade, implantación de sistemas de calidade e novas tecnoloxías. Os asociados na ARE poderán participar nas actividades formativas que desenvolva APE Galicia, así como noutro tipo de programas como campañas dirixidas ao colectivo autónomo ou emprendedor, estudos, etc., ademáis os asociaciados de ARE poderán beneficiarse das vantaxes exclusivas ás que ten acceso APE Galicia con entidades bancarias, compañías de seguros e outras.
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?