O presidente da Asociación Intersectorial e Interritorial dos Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas, acompañado pola secretaria técnica executiva, Sonia Acuña Pazos, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela coa conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, para firmar un convenio de colaboración para avanzar no deseño de actuacións que permitan reforzar a prevención contra a Covid-19 nos centros de traballo dos profesionais autónomos e garanticen asesoramento técnico multidisciplinar para conseguir espazos seguros e de confianza.
O documento, que tamén foi firmado polo presidente da Asociación de Traballadores Autónomos da Comunidade galega (ATA), Rafael Granados, e da Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar), Eduardo Abad; recolle o compromiso da Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), a presentar asesoramento técnico, informar e sensibilizar ao colectivo das persoas traballadoras autónomas sobre o risco de transmisión do coronavirus e as medidas a adoptar para evitar a súa propagación nos lugares de traballo.
Neste sentido, está previsto revisar os protocolos específicos de cada actividade e acompañar aos profesionais na implementación de medidas organizativas e de hixiene, co que tamén se poderá avaliar o nivel de preparación dos establecementos e promover recomendacións preventivas, coas que garantir os espazos seguros e formas de traballar acomodadas para mellorar a actividade económica e xerar confianza, obxectivo derradeiro destas actuacións.
A situación actual da pandemia e a evolución da transmisión do virus ten que manternos alerta polo que o ISSGA contribuirá a actualizar e revisar as recomendacións preventivas de saúde laboral para os diversos sectores e identificar medidas para cada actividade, revisando os seus protocolos específicos, por medio da unidade multidisciplinar de referencia da Covid-19, recién creada e integrada por especialistas na hixiene industrial e a saúde no traballo, seguridade, ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
Grazas ao acordo de hoxe, a Xunta e as persoas traballadoras autónomas establecerán un canle directo de diálogo que permita dar resposta ás consultas dos profesionais na relación coas adaptacións dos espazos de traballo, señalización idónea, uso da máscara e equipos de protección e outras medidas preventivas e, así, dar resposta ás demandas do colectivo das persoas traballadoras autónomas en relación coa xestión da prevención do risco de transmisión por coronavirus no entorno laboral e, de maneira especial, nos centros e lugares onde se desenrola a súa actividade.+
MESA DO AUTÓNOMO
Trala firma do convenio, a directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, fixo un breve repaso dos resultados do Plan de Rescate da Xunta de Galicia para as persoas traballadoras autónomas, microempresas e hostalería, das que xa se aceptaron e pagaron un 79% frente ao 15% que foron rexeitadas por impagos a Seguridade Social ou Facenda, a maioría delas, e un 6% están en proceso de subsanación.
Cos datos destas axudas e a información actual sobre o endurecemento das medidas restritivas para frear a evolución de contaxios polo Covid-19 que están poñendo nunha situación máis que crítica ao sector, os representantes dos autónomos presentes empezaron a perfilar coa conselleira un posible segundo paquete de axudas, tema principal para a Mesa do Autónomo que se convocará, previsiblemente, para a próxima semana.