O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, vén de firmar un acordo de colaboración co director executivo do Grupo Isonor, Jorge González Cuenca, para traballar en conxunto e a prol dos intereses das persoas autónomas e dos seus asociados.

Máis polo miúdo, mediante este acordo, Isonor comprométese a ofrecer asesoramento en Cumprimento Normativo e Dixitalización aos asociados e a informar á asociación do estado de xestións, contratos e presupostos encomendados á consultora. Ademais, tamén preparará campañas específicas para os asociados en condicións vantaxosas.  Pola súa banda, APE Galicia favorecerá a contratación dos servicios de ISONOR por parte dos seus asociados e, tamén, facilitará a xestión da morosidade dos seus clientes.

Doutra banda, no convenio tamén se inclúen servicios por parte de Isonor en materia de prevención de riscos laborais, formación, protección de datos e seguridade da información, sistemas de xestión de calidade, medio ambiente, seguridade e saúde no traballo, seguridade de información, seguridade alimentaria, medio ambiente, solucións informáticas, marketing, estudos de mercado e plans de empresa de recursos humanos, servicios xurídicos, e tramitación e xestión de subvencións.

Grupo Isonor é un grupo de consultoría creado en 1997 formado por unidades de negocio especializadas nas distintas áreas e actividades de xestión de entidades públicas e privadas. A súa actividade oriéntase á aportación de solucións integrais para mellorar a produtividade, calidade, servicio e resultado dos seus clientes en todos os sectores da actividade económica. Dende os seus inicios, en Grupo Isonor están a medrar de maneira progresiva, incorporando paulatinamente novos servizos, anticipándose ás necesidades do mercado e ampliando o seu ámbito xeográfico de actuación.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?