O presidente da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas Martínez, deu a benvida a través de videoconferencia aos 14 participantes do “Curso Básico de Inglés para a hostalería e turismo na Ribeira Sacra” que se impartirá ata o 15 de xaneiro.

O curso consistirá en dous sesións en liña á semana de 3 horas e dous titorías tamén á semana para aclarar dúbidas e repasar os contidos de forma personalizada. Ademáis, poderán acceder a calquera hora do día, todos os días da semana, a unha plataforma dixital de formación con contido adaptado a cada nivel.

Antes de iniciar a sesión, a secretaria técnica executiva de APE Galicia, Sonia Acuña Pazos, presentou aos asistentes o equipo que coordina e imparte esta actividade, a técnica María Sueiro Carballeda e a docente Alejandra Caamaño, e ao presidente da Asociación, quen tivo palabras de agradecemento pola colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade, presidida por Dna. María Jesús Lorenzana, e, sobre todo, a boa disposición e apoio da directora xeral de Formación e Colocación do departamento, Zeltia Lado Lago, e do seu persoal de profesionais que apostaron por este proxecto co que se quere apoiar ao sector na comarca.

José Ramón Caldas destacou, ademáis, a tarefa da Asociación de Empresarios de Chantada e Centros Comerciais Abertos Ribeira Sacra,  que está presidida por Néstor Quiroga Casas, e dos técnicos de emprego de Sober, Chantada e Monforte, polo contacto coas posibles persoas interesadas.

O obxecto deste curso é a de mellorar a situación laboral dos participantes, ampliando o seu coñecemento do idioma inglés dirixido a hostalería, o que supoñe un beneficio para economía da zona.

O presidente de APE Galicia fixo o compromiso, se a situación sanitaria o permite, de ir na primavera a entregar persoalmente os diplomas “a ese lugar marabilloso, de gran beleza natural, que opta ao recoñecemento, tan merecido, de Patrimonio da Humanidade da Unesco”.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?