APE Galicia está a colaborar no proxecto formativo que está a levar a cabo UPTA dirixido a persoas traballadoras autónomas, traballadores/as e traballadores/as en situación de ERTE.
Máis polo miúdo, este curso totalmente gratuíto busca mellorar o grao de dixitalización do colectivo ao que APE Galicia representa. Deste xeito, a acción ofrece formación virtual titorizada que permite adquirir competencias dixitais adaptadas aos diferentes sectores produtivos e postos de traballo, e que, hoxe en día, é tan necesaria para a reactivación económica de moitos sectores e mellora da súa competitividade.
O curso consta de 6 accións formativas e ten unha duración de 30 horas. Ademais, será impartido en modalidade virtual titorizada polo que será preciso un dispositivo con conexión a internet. En concreto, a formación realizarase conectándose a un Campus Virtual e, para que o/a alumno/a poida obter os mellores resultados, contará co apoio dun titor ou titora experto/a e especializado/a, con quen poderá contactar a través da aula virtual e dos foros.
As persoas interesadas en participar poden facelo a través de www.apegalicia.gal