A asemblea estivo presidida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e por Luís Núñez Desiré, presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, ambos os acompañados polo presidente da Asociación Empresarial Veterinaria de Galicia – CEVE Galicia, Alberto Silva Torres.
CEVE Galicia lembrou aos máis de trinta profesionais que asistiron a este evento, que a súa vocación é a de converterse nunha plataforma de defensa do sector empresarial veterinario no ámbito galego, e que actualmente o seu principal obxectivo é lograr a redución do IVE ao 10% e a adecuación respecto a a lei do medicamento veterinario que lles permita a súa dispensación.
Agradecemos a CEVE Galicia o pensar en APE Galicia para organizar esta II Asemblea de Empresas Veterinarias de Galicia, e esperamos que este sexa a primeira de moitas colaboracións.