O XI congreso das Persoas Traballadoras Autónomas de Galicia, organizado por APE Galicia, congregou o sábado 7 de marzo, no Hotel Carlos I, preto de 300 persoas ao redor duns galardóns que recoñecen o labor do colectivo autónomo galego, entre as que se atopaban profesionais de diferentes sectores de toda Galicia, representantes de asociacións vinculadas a esta asociación e da administración.
O acto foi presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, acompañado na mesa presidencial por José Ramón Caldas, Presidente de APE Galicia: , o Alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín: Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria; David Regades, Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo; a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Dna. Maica Larriba; o Deputado Provincial, Santos Héctor; o vicepresidente de APE Galicia e presidente de Aprevar, Luís Abelleira; a vicepresidenta de APE Galicia pola Coruña, Ana Prego e o secretario de APE Galicia, José Alonso.
Javier Gállego, colaborador incondicional de APE Galicia neste tipo de eventos, foi o encargado de presentar e dirixir a gala.
O presidente de APE GALICIA, José Ramón Caldas insistiu na necesidade de seguir traballando no engrandecemento da Asociación e agradeceu o apoio das diversas Administracións Públicas e demais entidades colaboradoras da mesma.
O obxectivo principal deste congreso é recoñecer e homenaxear o labor e o éxito das persoas traballadoras autónomas que, co seu esforzo e dedicación, levan a que a súa empresa sexa competitiva, contribuíndo día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa comunidade. Durante o mesmo levou a cabo a entrega de premios aos “ Autónom@ s distinguide@ s». En total, doce pequenas empresas, sete delas dirixidas por mulleres, recibiron dita distinción.
Noelia Pena Pérez, ATELIER NOELIA PENA (Sanxenxo – Pontevedra)
Daniel Suárez Sánchez, de Confeccións Sanchez (Santiago de Compostela – A Coruña)
Enrique Ubeira Prado, de Tempu Correduría de Seguros (Vigo- Pontevedra)
Susi Otero Acuña, de Naviera Nabia (Bueu – Pontevedra)
Manuel Álvarez Gil de Mecanizados Anxo Álvarez Quintela (Ourense)
Ana Isabel Prieto Díaz, de Queserías do Eume
Ángel González Calvo, de SETGA (Pontevedra
Laura Gómez Nieves, de ENESKA Moda (Ourense)
Mª José Álvarez Quintero, de MUUHLLOA (Monterroso – Lugo)
Gonzalo Rosales Torres, de Saneamentos ROSALES (Marín – Pontevedra)
Sefi Montes de la Fuente, de MARES DE GALICIA (Marín – Pontevedra)
María José Manivesa Picado, de AGROFLOR (Narón – A Coruña)
A “Mención Especial” desta edición foi outorgada á UNIDADE DE POLICÍA AUTÓNOMICA (UPA) para agradecer e distinguir de forma pública o labor que realizan a favor das persoas traballadoras autónomas. O galardón foi recollido por Fernando Pico López, Comisario da Policía Autonómica e o Vicepresidente da Xunta de Galicia e entregado polo Presidente da Xunta de Galicia ao que acompañaba o Presidente de APE Galicia.
De forma extraordinaria, o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas fixo entrega da insignia de ouro de APE Galicia, ao que ata o pasado ano exerceu como Vicepresidente desta entidade, D. Javier Garrido Valenzuela, en recoñecemento ao seu compromiso e colaboración con esta entidade.
Javier Garrido, pon un punto e seguido na súa implicación en APE GALICIA, e tras a petición de José Ramón Caldas, continuará vinculado a esta asociación como vogal e asesor do Presidente.
Alberto Núñez Feijoo, que foi o encargado de pechar o XI Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas. Na súa intervención destacou o peso dos autónomos e das pemes na economía galega, e animounos a seguir apostando pola innovación permanente para chegar desde o local ao mercado global, ademais de poñer en valor o labor de APE-Galicia que, cos case 60.800 traballadores autónomos galegos que representa, reflicte o verdadeiro valor do asociacionismo empresarial. E incidiu na súa disposición para cooperar coas administracións para identificar e afrontar xuntos os retos futuros.
Tras o peche do acto do Congreso, deu inicio cea homenaxe aos premiados.