No día de onte, a Xunta de Galicia convidounos a asistir a un seminario para tratar sobre as novas ordes do II PLAN DE RESCATE para PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS e MICROPEMES.
Nesta segunda fase do plan, destácanse os seguintes puntos:
– Non é necesario cesamento de actividade, nin ter autorizado un  erte. o  unico requisito é ter unha baixada de facturación anos 19-20
– Poderán ser beneficiarios destas subvencións, aínda que existan débedas tributarias que non poden superar o 80% de axúda.
– Axilidade na xustificación
O presuposto de ambas axudas ascende a 30.000.000 EUROS
Documentación complementaria:
Estimación directa:
– Modelo 390 de los años 2019 y 2020.
– Modelo 303 de los años 2019 y 2020.
– Modelo 130 IV trimestre de los años 2019 y 2020.
Módulos:
LIBRO DE COMPRAS,  FRA. S RECIBIDAS, LIBRO DE CAIXA, EXTRACTO DE TPV ou CAIXA REXISTRADORA, Ou CALQUERA DOCUMENTACIÓN QUE XUSTIFIQUE A BAIXADA DE FACTURACIÓN
OUTROS DATOS DE INTERÉS
Se a documentación xustificativa é a mesma que se achegou para a solicitude do 1 er. plan de rescate, a Xunta de Galicia procederá a traspasar a devandita documentación a este novo expediente, polo que non será necesario achegala de novo.
En caso de existir aprazamentos coa  S.S. ou a AEAT, é aconsellable que se achegue un certificado de estar ao corrente de pago actualizado.
Na solicitude, débese indicar se se recibiu a primeira axuda, aínda que isto non terá efectos á hora de outorgar esta nova axuda.
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?