O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e a secretaria xeral, Sonia Acuña, asistiron onte á entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán 2022

O acto, celebrado pola Xunta de Galicia, pon en valor a traxectoria de mulleres referentes e inspira a seguir polo camiño da igualdade. As premiadas foron a primeira farera de Galicia Cristina Fernández, a Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños e a Fundación María José Jove , que día a día contribúen para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Durante o evento, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o goberno galego seguirá a traballar para romper coa brecha de xénero, destacando a nova lei de igualdade que se está a tramitar. En referencia a esta nova normativa, referiuse a que impulsará a protección contra ataques sexistas nos medios dixitais, recoñecerá a discriminación múltiple da muller por discapacidade, ou por cuestión de idade, pobreza ou inmigración, introducirá a idea de benestar laboral ligado á conciliación, á maternidade e ao teletraballo, e creará un Estatuto das mulleres rurais e do mar.