APE Galicia xa ten aberto o prazo de inscrición nos dous cursos online gratuítos, en colaboración con Maude Studio, sobre competencias dixitais que levará a cabo durante o mes de setembro.
Por unha banda, o curso de Xestión de contidos dixitais en cooperativas, cunha duración de 63 horas, ten como obxectivo ensinar a xestionar contidos dixitais nas empresas e coñecer as aplicacións prácticas e peculiaridades a ter en conta nelas. E, doutra banda, o curso de Marketing básico en medios sociais, cunha duración de 28 horas, busca afondar no comercio electrónico e marketing en internet, así como dar a coñecer todos os elementos a ter en conta para facer un xestión de forma autónoma e responsable dunha empresa.
As prazas para participar nos cursos gratuítos son limitadas e poden reservarse en www.apegalicia.gal