APE Galicia xa ten aberto o prazo de inscrición nos catro cursos online gratuítos sobre Prevención de Riscos Laborais que levará a cabo durante o mes de setembro e están dirixidos a persoas traballadoras autónomas, traballadores e traballadoras en activos, persoas desempregadas e delegados/as de prevención, entre outros.

Con esta formación, APE Galicia busca protexer ás persoas traballadoras dos posibles riscos que se puidesen derivar do seu traballo e así evitar ou minimizar as causas dos accidentes e das enfermidades derivadas das súas tarefas laborais. Máis polo miúdo, cada un dos cursos, que contan co financiamento da Xunta de Galicia, versan sobre “Ergonomía na contorna laboral”, “Riscos psicosociais e estrés laboral e pandemia”, “Saúde laboral, condicións de traballo e perspectiva de xénero”, e “Xestión e redución do absentismo laboral na era covid”.

Os obxectivos dos cursos, que terán unha duración de 10 horas cada un, son contribuír a mellorar unha cultura preventiva entre os seus socios para evitar os accidentes laborais, sensibilizar das necesidades de aplicar políticas preventivas nas empresas que cubran os riscos psicosociais que leva consigo traballar en pandemia ou aplicar a perspectiva de xénero á hora de expoñer a cultura preventiva da empresa. Ademais, con estas formacións tamén se pretende diminuír os riscos laborais en xeral, fomentar hábitos de vida saudable e conseguir que a prevención de riscos laborais se integre na estratexia empresarial como un elemento esencial para alcanzar obxectivos clave como mellorar a produtividade.

As prazas para participar nos cursos gratuítos son limitadas e poden reservarse en www.apegalicia.gal

Pode ampliar esta información na sección “Formación” da nosa páxina web. (https://www.apegalicia.es/formacion/591-cursos-online-de-prevencion-de-riscos-laborais#.YueOEHZBy8k)

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?