O ciclo de xornadas inspiradoras “Hai futuro! Novas oportunidades para a empresa rural” para potenciar os negocios nesta contorna chegou a súa fin con ao redor de 200 participantes en total nas sete charlas realizadas. O programa, organizado por APE Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia e IGAPE, pasou por Ourense, Monforte de Lemos, Fene, Boiro, Mondoñedo, Caldas de Reis e Tui durante os meses de maio e xuño.

As sete xornadas estiveron conducidas polo director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, que analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondou nas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos. O director de Galicia Business School foi o encargado de explicar minuciosamente cales son as fortalezas do rural, as novas oportunidades que existen na contorna rural e as técnicas para efectuar unha dixitalización efectiva.

Máis polo miúdo, o obxectivo deste ciclo de xornadas formativas foi inspirar ás persoas autónomas das zonas rurais, animar a emprender, consolidar e repensar o negocio no rural, destacar as fortalezas que ten a empresa nesta zona, e detectar novas oportunidades que chegan da man dos cambios tecnolóxicos e dos cambios nos valores dos clientes. Ademais, esta iniciativa ofreceu información sobre o emprendemento, a mellora no desenvolvemento profesional, a consolidación dos proxectos e a reinvención dos negocios.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?