O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez, compareceu onte na Cámara galega para informar sobre as medidas restritivas aprobadas para afrontar a evolución da pandemia na nosa comunidade.
Consciente da situación crítica que están a atravesar as persoas traballadoras autónomas, microempresas e a hostalaría debido a estas medidas extraordinarias moi duras con estes sectores, Feijóo anunciou unha ampliación de 50 a 75 millóns de euros para o segundo Plan de Rescate que se está a concretar nestes días.
Desta maneira, a Xunta terá aportado, en total, máis de 150 millóns de euros xunto coas axudas do primeiro plan, o que supón un importantísimo traballo para apoiar aos sectores que o están pasando peor caos decisións tomadas para frear a expansión do coronavirus.
Ademáis, a comezos do ano, Galicia xa levaba programadas axudas directas por un importe de 370 millóns de euros, consensuadas cos sectores máis afectados, primando a axilidade na súa tramitación.
“As previsións situaban no entorno dos 150.000 beneficiarios a través de 157 liñas de acción, entre as que cabe destacar: atención ás familias en situación de especial vulnerabilidade; minimización do impacto económico e social da covid nos alugueres; o Plan de choque para o sector turístico; e actuacións de sostenimento do emprego, dinamización económica e apoio a autónomos e pemes”, destacóu o presidente da Xunta.
Sen embargo, Alberto Núñez Feijóo, quixo tender unha mán de novo a todas as administración para que colaboren no esforzo colectivo que tamén está a facer a cidadanía, afirmando que “O momento que vivimos convócanos a afrontar xuntos a pandemia. Tendémoslle a mán a quen queira collela, e seguirémolo facendo, porque os cidadáns non merecen de ningunha administración silencio ou confusión. Deberíamos ser capaces de consensuar a respuesta que lles damos”.