Desde APE Galicia ponse en marcha un proxecto formativo para mellorar e impulsar a implantación da dixitalización, novas técnicas de venda e a innovación no comercio local e rural de Galicia.
como retos principais APE Galicia opta por axudar en:
1. A consolidación da renovación tecnolóxica
2. Impulsar o comercio con estratexias de comercio intelixente
3. Potenciar un comercio dinámico en busca da mellora continua.
Adapta Local expón a combinacion da formacion presencial e telemática para lograr un mellor aproveitamento dos recursos formativos, aposta pola innovación, o produto galego, a sustentabilidade e a mellora contínua.
As materias impartidas serán:
– Informática básica e transformación dixital
– Estratexia comercial e vendas
– Sustentabilidade e punto de venda.
PLANIFICACIÓN DÁS ACTIVIDADES
1. UNHA PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL DO PROGRAMA. Presencial en formato institucional.
2. FORMACIÓN PRESENCIAL de 40 HORAS en xornadas de 5 horas con networking en dúas comarcas de cada provincia galega.(5 horas x 8 comarcas galegas = 40 horas de formación presencial)
3. FORMACIÓN TELEMÁTICADE 20 HORAS.
4. MENTORIZACIÓN INDIVIDUALIZADA DE ACOMPAÑAMENTO PERSOAL E PROFESIONALIZADO de 30 HORAS.(30 horas x 8 comarcas galegas = 240 horas de mentorización online)
Deixamos a ligazón á páxina de ADAPTA LOCAL, para saber mais información e para cubrir o formulario de inscrición no programa