Publicada no DOG a actualización das medidas restritivas pola Covid-19 decididas polo Comité Clínico da Xunta de Galicia que analiza a evolución da pandemia na nosa comunidade, e que entrarán en vigor mañá xoves 21 de xaneiro ás 00:00 horas.
Medidas Xerais
– O toque de queda continúa de 22:00 horas ás 06:00 horas
– Suspensión do deporte federado a nivel autonómico. Os entrenamentos terán que ser individuais ou cun máximo de catro persoas non convivintes. Se manteñen activas as competicións de ámbito estatal, mentras que as autonómicas non.
– Poderase realizar actividade física e deportiva non federada ao aire libre individualmente ou ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluido o monitor.
– Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Non se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse espazos auxiliares individuais en casos estritamente necesarios.
Peche total
Nos concellos de Arteixo, Viveiro e Xinzo péchase toda a actividade non esencial como a hostalería, ximnasios, xotos, actividades culturais e sociais, espectáculos públicos e bibliotecas.
Nivel Máximo
Aos 60 concellos que xa se atopaban no nivel máximo de restricións dende a semana pasada, engádense os seguintes 55, quedando a situación:
Provincia de A Coruña
A Baña, Abegondo, A Coruña, A Laracha, Ames, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coristanco, Culleredo, Dodro, Dumbria, Fene, Ferrol, Laxe, Mañón, Melide, Moeche, Mugardos, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Padrón, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Sobrado, Teo, Trazo, Touro, Val do Dubra, Valdoviño, Vilasantar, Vimianzo.
Provincia de Lugo
Burela, Cervo, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xove.
Provincia de Ourense
Allariz, Barbadás, Monterrei, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras, Vilar de Santos.
Provincia de Pontevedra
A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Catoira, Crecente, Cuntis, Forcarei, Gondomar, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Silleda, Tomillo, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.
En canto as medidas extraordinarias neste nivel, é preciso lembrar:
· Movilidade: Limitada ao perímetro de cada concello.
· Reunións: Grupos cun máximo de 4 persoas.
· Hostalería: Non terá servizo de interior e 50% da súa capacidade no exterior, podendo atender ata as 18:00 horas, evitando aglomeracións e controlando a distancia de seguridade establecida. Tamén poderán ofrecer servizo a domicilio ata as 00:00 horas ou de recollida no local.
· Centros comerciais: e do 30%, prohibindo permanecer nas zonas comúns que só servirán para o tránsito de persoas, e a hostalería estará pechada porque considérase de interior.
Nivel medio-alto
O resto da comunidade autónoma permanecerá no nivel medio-alto de restricións, sen peche perimetral, excepto as ciudades de Lugo que quedará restrinxida a súa movilidade só ao concello, salvo en casos xustificados de asistencia, laboral e académico.
A hostalería pechará as 18:00 horas e terá permitido o 30% do aforo interior e o 50% para as terrazas.
Normativa
Presidencia da Xunta de Galicia
– DECRETO 5/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210119/2542/AnuncioC3B0-190121-1_gl.html
Consellería de Sanidade
– ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210119/2542/AnuncioC3K1-190121-1_gl.html