O Goberno central e os axentes sociais chegaron a un novo acordó para prorrogar, en condicións similares e por terceira vez dende o inicio da pandemia, a prestación por cese de actividade e os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego, basados en causa relacionadas coa Covid-19,  dende o 1 de febreiro ata o 31 de maio deste ano.

ERTES

Segundo o compromiso acadado co Ministerio de Traballo e Economía Socal e o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións,  mantéñense as exonaracións a empresas que sexan titulares e pertenzan a sectores cunha elevada taxa de cobertura polo expediente e unha reducida taxa de recuperación da actividade e a flexibilidade na súa aplicación, incorporando novos CNAE grazas a que os criterios obxectivos son máis xenerosos.

As tipoloxías de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego con exoneracións ata o 31 de maio inclúen aos sectores ultraprotexidos será do 85% para as empresas con menos de 50 traballadores e o do 75% para as que teñan 50 ou máis.

En canto aos chamados “ERTES de impedimento, para empresas que vexan impedido o desenrolo da súa actividade nos centros de traballo polas restrición sanitarias, fixan unha exoneración nas súas cotizacións á Seguridade Social durante o periodo de peche e ata o 31 de maio do 100% para empresas de menos de 50 traballadores e do 90% se teñen 50 ou máis traballadores.

En canto as empresas ou entidades que vexan limitado o seu desenrolo da actividade poderán solicitar un “ERTE por limitacións”, no que as exonaracións serán decrecentes ata o 31 de maio, empezando en febrero polo 100% para empresas de menos de 50 traballadores e do 90% para as de 50 o máis.

As empresas que sexan titulares dun ERTE por impedimento ou por limitacións, autorizado antes o durante a vixencia desta norma, non terán que solicitar e tramitar un novo expediente, senon que bastará que remitan unha comunicación á autoridade laboral que dictou a resolución do ERTE do que xa é titular y á representación das persoas traballadoras, para acceder aos beneficios.

Consérvase, ademáis, o compromiso mantemento do emprego nun novo periodo de 6 meses de duración, os límites ao reparto de dividendos e transparencia fiscal, á realización de horas extraordinarias e a prohibición do despido e a interrupción dos contratos temporais.

Cese de actividade

En canto ao acordo acadado para a prestación por cese de actividade cos representantes das persoas traballadoras autónomas, prorrogarase tamén ata o 31 de maio deste ano e incluirá cambios para facilitar a súa accesibilidade.

Entre estas melloras están a eliminación do requisito de ser beneficiario da prestación con anterioridade, co que se duplicará o número de persoas que poidan acceder a ela e só será preciso acreditar un 50% de caída de ingresos para obter o cese de actividade.

Ademáis se vai a facilitar a acceso a esta prestación ás persoas traballadoras autónomas de temporada, suavizando os requisitos que ata agora tiñan que cumprir.

O Goberno tamén se comprometeu a suspensión da subida da cuota da Seguridade Social prevista a partir deste mes e durante todo o 2021 en función da elevación de tipos pactada en 2018.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?