Esta mañá levouse a cabo, a través de videoconferencia, o acto da firma do convenio de colaboración entre o presidente da Asociación Intersectorial e Interritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas, e a Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC), Antonio Fontenla, co que ambas entidades comprométense a traballar xuntas para mellorar e ampliara a oferta formativa para as persoas que representan.

Segundo o acordo suscrito hoxe, no que tamén estiveron presentes a secretaria técnica executiva de APE Galicia, Sonia Acuña, e a secretaria xeral da CEC, Marina Braña, o obxectivo é o de facer máis accesibles e asequibles a oferta de cursos, ademáis doutras actividades encamiñadas á mellora das competencias entre as persoas traballadoras autónomas e as pequenas empresas.

Este acordo de colaboración entre as dúas institucións inclúe, tamén, a disposición mutua das súas respectivas instalacións e infraestructuras para a organización das actividades formativas e o compromiso de difundir de forma conxunta toda a oferta disponible, cunhas condicións económicas preferentes para os seus socios.

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, mostrouse moi satisfecho por este acordo entre as dúas entidades que suporá “un importante beneficio para os asociados das dúas organización, sobre todo, na situación crítica que estamos a atravesar, xa que a formación e o reciclaxe tanto das persoas traballadoras autónomas como das pequenas empresas será clave para poder reinventarse e adaptarse a esta nova realidade xurdida pola pandemia”. “A crise á que nos enfrentamos debido ás medidas sanitarias restritivas para controlar o avance do coronavirus supón todo un reto e unha transformación nas formas de consumo e comercio, e a nosa obligación, tanto de APE Galicia como da CEC, é a de traballar para axudar aos nosos colectivos a ser máis competentes. E xuntos seremos moito máis fortes”.

Pola súa banda, o presidente da CEC, Antonio Fontenla, valorou o acordo subscrito hoxe no marco de “a necesaria colaboración entre as entidades empresariais, nestes momentos máis importante que nunca para que o noso tecido económico poida aproveitar de maneira óptima os recursos dispoñibles”. “Un dos nosos principais labores é mellorar a competitividade das empresas e as persoas traballadoras autónomas ás que representamos, e a formación é un piar crave neste camiño”, afirmou.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?