Na reunión de onte pola tarde, o comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia acordou suavizar as medidas restritivas nos concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasarán ao nivel básico de restricións, o que supón a supresión da limitación de mobilidade.
Por outra banda, os concellos de Ribeira, Bueu, e Baiona pasan ao nivel máximo de restricións e os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto. Tamén se acordou que o concello de Santiago pase a nivel medio e, polo tanto, queda pechado perimetralmente.
Ademáis, implementouse unha vixilancia especial aos concellos de Verín, O Barco, A Rúa, Cedeira e San Sadurniño para controlar a súa evolución epidemiolóxica.
Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.