O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron o 22 de abril nas xornadas divulgativas organizadas por APE Galicia, centradas na remuda xeracional e no emprendemento.

Durante a súa intervención, Fernández destacou o compromiso da Xunta co emprendemento e coa retención de talento, salientando iniciativas como o Bono Remuda, que facilita o relevo xeracional en negocios viables e que forma parte da orde unificada de axudas para persoas autónomas, dotada con 40 millóns de euros.

Pola súa banda, Marta Mariño puxo en valor o traballo da Rede de polos, que dende 2022 leva asesorado máis de 3.700 proxectos a través das súas 15 oficinas. Tamén destacou o programa Fixar, que busca atraer nómadas dixitais ao rural e crear sinerxías emprendedoras no territorio.

Ambos responsables fixeron fincapé na importancia de apostar polo emprendemento vinculado ao territorio, a formación flexible para o emprego e a consolidación de oportunidades para a mocidade emprendedora galega

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?