A Xunta de Galicia vén de anunciar a convocatoria de varias novas axudas dirixidas a fomentar o emprendemento, apoiar á economía social e impulsar investimentos empresariais en toda a comunidade galega.
Entre os programas lanzados destacan os seguintes procedementos: TR880A, para apoiar iniciativas de emprendemento; IG408J, que ofrece préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais xeradores de emprego; TR802L, o Bono para consolidar a economía social; e PE209G, destinado a proxectos colectivos de mellora dos portos pesqueiros.
Estas axudas buscan favorecer a creación de emprego, potenciar a modernización tecnolóxica das empresas e fortalecer o tecido económico galego. No caso das iniciativas de emprendemento (TR880A), poderanse subvencionar gastos en equipamento, reformas de locais, software ou marketing dixital. Pola súa banda, o procedemento IG408J combina préstamos e subvencións para proxectos de investimento que xeren emprego, mentres que o TR802L apoia a transformación e mellora da eficiencia das entidades da economía social. Por último, o PE209G financia proxectos colectivos de modernización e mellora das instalacións e infraestruturas nos portos pesqueiros de Galicia.
A Xunta anima a todas as persoas emprendedoras, pymes e entidades da economía social a presentar as súas solicitudes e aproveitar estas oportunidades que reforzan a competitividade e innovación do sector produtivo galego. As convocatorias teñen prazos concretos e pódense consultar na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.