Os primeiros beneficiarios das axudas da Xunta de Galicia Programa I de apoio a microempresas para o mantenemento do emprego e da actividade económica (TR400B) xa empezan a recibir o primeiro pago da económico previsto.
Así, as persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes que desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados pola Covid-19, que foron os primeiros en solicitar este apoio económico, cumprindo con todos os requisitos, recibirán a partir de hoxe os 2.000 euros dos 4.000 previstos, que se poderá incrementar en 1.000 euros máis para as actividades económicas especialmente paralizadas, o que supón 2.500 euros no primeiro pago.
O segundo pago realizarase no 2021, unha vez comprobados os requisitos, e se manteña o compromiso de manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses dende a publicación da orde.
O 28 de decembro remata o prazo de solicitude para esta axuda, que conta cun orzamento de 37 millóns de euros, 2 dos cales están reservados para os sectores especialmente paralizados como son o lecer nocturno, feiras e negocios encadrados en determinados CNAE relacionados coa cultura, o turismo e o lecer en xeral.