A Xunta de Galicia xa empezou a abonar as primeiras axudas do Programa de Rescate das Persoas Traballadoras Autónomas (TR400A) creado pola Xunta de Galicia para apoiar ao sector pola crise xurdida polo Covid-19, a todas aquelas persoas que cumpriron cos trámites e requisitos para solicitala.

A cuantía destas axudas vai dos 1.200 euros por persoa traballadora autónoma aos 2.000 euros para os sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas polas restriccións de Sanidade para frear os contaxios do virus, como é o caso do lecer nocturno, feiras e negocios relacionados coa cultura e o lecer en xeral encadrados en determinados CNAE.

As persoas beneficiarias deste apoio económico deben de estar dadas de alta no RETA ou Réxime do Mar, incluidas as persoas autónomas societarias, estar ao día nas súas obrigas tributarias tanto estatais como autónomicas e coa Seguridade Social, ademáis de non ter ningún pendente de pago coa Adminsitración Pública e que sean veraces os datos da declaración responsable.

Ademáis, teñen que facer o compromiso de manter a actividade económica de alta durante 2 meses dende a publicación da orde de axudas, cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro venres 18 de decembro.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?