A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

O obxecto destas axudas e préstamos é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Os apoios diríxense ás pequenas e medianas empresas pola súa función decisiva na creación de emprego e por constituír un factor de estabilidade social e de desenvolvemento económico, así como polas especiais dificultades para acceder ao capital e ao financiamento.

Por outra banda, respectando a horizontalidade, as axudas focalízanse nos sectores industriais ou vinculados á industria, con maior capacidade de xerar valor engadido e de provocar un efecto tractor sobre o resto de actividades.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas bases.

Modalidades e tipoloxías de proxectos

Concederanse axudas e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

·         Proxectos de investimento empresarial xerais

·         Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento

·         Proxectos de investimento en equipamento produtivo

 

Proxectos de investimento empresarial xerais

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan a unha das seguintes tipoloxías:

·         Creación dun novo establecemento

·         Ampliación de capacidade dun establecemento existente

·         Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos  que anteriormente non se producían nel

·         Cambio fundamental no proceso global de produción do produto ou produtos afectados polo investimento no establecemento.

 

Os proxectos desta tipoloxía para os que se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 50.000 € e non superior a 900.000 €.

 

Proxectos de investimento empresarial no sector do aloxamento

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan a unha das seguintes tipoloxías:

·         Creación dun novo establecemento

·         Ampliación de capacidade dun establecemento existente

·         Modernización de establecementos existentes

Os proxectos desta tipoloxía para os que se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 50.000 € e non superior a 900.000 €.

 

Proxectos de investimento en equipamento produtivo

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que impliquen unha ampliación de capacidade dun establecemento existente.

Os proxectos desta tipoloxía para os que se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 900.000 €.

 

Solicitude e prazo

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda e, se é o caso, préstamo, comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?