A Xunta de Galicia xa ten en funcionamento a nova páxina web www.xempre.gal, un espazo dixital concentrador dos recursos que ofrece a súa nova estratexia de emprego.
Deste xeito, a través da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, a Xunta de Galicia crea esta plataforma online para a aprendizaxe permanente e intercambio de coñecementos para formar, informar e impulsar a líderes, persoas emprendedoras, traballadores e traballadoras das organizacións galegas. Xempre non é máis que un concentrador de sinerxías, onde as persoas participantes traballan xuntas, intercambian coñecemento, colaboran e forman unha comunidade. Máis polo miúdo, trátase dun servizo no que atoparemos información actualizada e acción informativas de todo tipo para dar resposta ás novas necesidades de capacitación profesional e tendencias do mercado de traballo galego.
Os obxectivos principais de Xempre, aberto a empresas, equipos, organizacións, líderes, persoas emprendedoras, persoas desempregadas, e persoas emprendedoras sociais, son:
Contar cun recurso que impacte na sociedade, que conecte ás persoas e fortaleza o tecido organizacional galego.
Facilitar o achegamento dos recursos ofertados pola Xunta de Galicia en materia de formación e emprego
Favorecer a prevalencia das organizacións galegas, apostando pola capacitación e a recualificación profesional.
Crear espacios que xeren sinerxias e recursos que potencien a axilidade, a flexibilidade e a capacidade de adaptación e innovación.
Xerar un cambio na contorna laboral actual mellorando as competencias das persoas para construir organizacións resilientes.