O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia acordou permitir a mobilidade entre concellos, incluso nos que se atopan perimetrados, durante o vindeiro mércores, día 6 de xaneiro, entre as 06,00 e as 23,00 horas, cinguíndose a posibilidade destes desprazamentos ás visitas familiares, tal e como aconteceu nas pasadas festas.
Ademáis, tras analizar a evolución epidemiolóxica na Comunidade Autónoma, decidiu rebaixar ao nivel básico as restricións nos concellos de Carnota e As Pontes, o que supón a supresión das limitacións de mobilidade que tiñan ata o de agora, baixar o concello de Narón, ao nivel medio e engadir ao listado de vixilancia especial aos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela.
A decisión de manter as restricións vixentes en toda Galicia vai ser revisada na xuntanza do próximo venres, xa que é necesario agardar uns días para poder avaliar a evolución epidemiolóxica logo das medidas adoptadas polas festas do Nadal e fin de ano.
Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.