A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do PDR de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, así como convocalas para o ano 2022.

Estas axudas teñen como finalidade promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos, e tamén racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

O importe total das axudas é de 7.000.000 euros

 

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias con sección/servizo de maquinaria, cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA), cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade, SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.

Ademais deberán ter un mínimo de 4 socios, excepto nas SAT de fusión que deben ter un mínimo de 3.

Doutra banda, establécese un investimento mínimo subvencionable de 20.000 € e un máximo de 250.000 €. No suposto de cooperativas procedentes de fusión e con máis de 1.000 socios o límite máximo será de 600.000 €.

 

Solicitude e prazo

As solicitudes ao programa presentaranse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) e o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?