A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en equipamentos poscovid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503E).

A situación xerada pola evolución da COVID-19 obrigou as autoridades públicas a xestionar a crise sanitaria e estableceu medidas para protexer a saúde e a seguridade, e estas medidas comportaron a maior crise económica coñecida. O sector da hostalaría foi un dos máis afectados polas limitacións de mobilidade. Ante esta situación, a Xunta de Galicia quere impulsar un plan de axudas para incentivar a mellora dos establecementos hostaleiros co fin de consolidar unha oferta turística de calidade, como un referente da imaxe de Galicia a nivel global e cun gran valor estratéxico na economía galega.

Con estas subvencións prestarase apoio a un colectivo fundamental no conxunto das empresas do sector turístico e promoverase o seu desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital do sector. Neste eido, as axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) mediante a realización de investimentos en equipamentos poscovid.

A quen van dirixidas?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe aos autónomos que cumpran a condición de pequena empresa), do sector da hostalaría que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.

Conceptos subvencionables

  1.  Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.
  2.  Sistemas de check-in automáticos.
  3.   Carteleira, rotulación, sinalización e actuacións vinculadas con ela.
  4.   Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2, ionizadores, dispensadores, etc.).
  5. Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.).
  6. Envoltorios e material dun só uso. O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.
  7. Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria.
  8. Novo equipamento de hixienizado e lavado.
  9. Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.
  10. Equipamento multiservizo.

Contía das axudas

O importe máximo da subvención será dunha porcentaxe do gasto subvencionable co límite que a continuación se expresan de acordo co investimento realizado:

O importe máximo de subvención será do 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario.

Período de execución das accións

Son actuacións subvencionables aquelas desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2022.

Solicitude e prazo

 

As solicitudes ao programa presentaranse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) e o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?