O presidente da Xunta de Galicia anunciou hoxe durante a rolda de prensa do Consello que o seu gobernó está a preparar o segundo Plan de Rescate a autónomos, microempresas e hostalería que contará cun mínimo de 50 millóns de euros que, sumados aso 86,2 millóns do primeiro, suporá unha aportación de 140 millóns de euros en axudas en 90 días.

Alberto Núñez Feijóo asegurou que das máis de 40.000 solicitudes do primeiro plan, xa están abonadas un 80% o que suman máis de 66 millóns de euros. Destas solicitudes, 24.000 proveñen do sector da hostalería e en total se destinarán 37 millóns de euros a este sector.

Na súa internvención, a pesar de que o presidente galego afirmou que o seu goberno vai seguer asumindo as súas responsibilidades de apoiar a estes sectores máis perxudicados polas medidas restritivas derivadas da crise sanitaria do Covid-19, quixo reiterar a disposición da Xunta de Galicia en participar nun novo plan de rescate no que a Administración autonómica aportaría o 50% do orzamento, as deputacións o 30% e os concellos 20%.

Á espera da resposta destas entidades, que Feijóo espera que sexa positiva, a Xunta de Galicia seguirá traballando cos axentes involucrados destes sectores porque non poden condicionar a súa labor a que outras institucións tamén respondan ás solicitudes do sector.

Además, Núñez Feijóo anticipou que nos próximos días haberá máis medidas restritivas debido a que a situación epidemiolóxica en Galicia está a empeorar día a día.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?