A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do IGAPE ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas bases teñen por finalidade o fomento da cooperación para a competitividade e a innovación empresarial en distintos ámbitos de interese para a actividade económica en Galicia mediante a concesión de subvencións ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas para a posta en marcha do clúster emerxente, cofinanciando a elaboración do seu primeiro plan estratéxico, no caso de que fose elaborado con anterioridade.

Para tal efecto, a entidade solicitante deberá achegar unha relación descritiva e cuantificada dos custos de elaboración do plan estratéxico ou da listaxe de proxectos que promoverá durante o período de vixencia da axuda.

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións publicas sempre que  contía das axudas acumuladas non supere o 100% no custo subvencionable aprobado. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector de transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros.

A quen vai dirixido?

Estas axudas están dirixidas a agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas (clústeres emerxentes), que cumpran os seguintes requisitos:

– Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster, cunha antigüidade inferior a tres anos á data de solicitude da axuda e domicilio social en Galicia.

– Que representen unha cadea de valor arredor dun sector de actividade eminentemente industrial ou ben que representen un agrupamento transversal (por tecnoloxía ou por mercado obxectivo) que teña impacto na dixitalización ou na sustentabilidade do tecido empresarial.

– Que, en calquera das dúas posibilidades anteriores, representen un subconxunto da actividade empresarial galega cuxa facturación conxunta en Galicia supere o valor do 1 % no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2021.

– Que cando menos o 60 % dos seus asociados directos iniciais sexan empresas e, destas, que o 50 % ou máis dispoñan dun centro de traballo en Galicia.

– Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.

Gasto subvencionable

Poderán concederse axudas para os seguintes conceptos subvencionables:

– Os salarios brutos de persoal con contrato laboral, actual ou de nova contratación, que se dedique á xestión dos proxectos propostos para a posta en marcha do clúster emerxente, en proporción á súa dedicación.

 

– Os custos de colaboracións externas para o desenvolvemento dos proxectos.

 

– Custos de auditoría da conta xustificativa a que se refire o artigo 18.5 destas bases reguladoras.

 

* O prazo de execución dos gastos subvencionables non poderá superar o 30 de xuño de 2024.

 

Contía das axudas

A subvención será do 80% dos custos relacionados no artigo 5, cun máximo de axuda por entidade de 100.000 euros.

 

Solicitude e prazo

As solicitudes ao programa presentaranse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) e o prazo de presentación será dun mes dende o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?