O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou durante a roda de prensa do Consello que a súa Administración chegará nesta semana ao pago do 70% das solicitudes de axudas do Plan de Rescate dedicado ás persoas traballadoras autónomas, ás microempresas e á hostalería pola crise do Covid-19 e que no mes de xaneiro está previsto que se abone o resto de peticións que cumpran os requisitos, sobre os 86,2 millóns de euros dedicados a este Plan.
Así, Feijóo sinalou que xa se tramitaron o 100% das 40.147 solicitudes recibidas e se pagaron un 68,3% ata o momento, é dicir, 27.423 axudas, por un importe de 53,3 millóns de euros, sendo rexeitadas o 16% por non cumprir requisitos básicos como estar ao corrente da Seguridade Social, e o 15% do resto atópanse en prazo de subsananción.
En concreto, o presidente da Xunta apuntou que xa se pagou o 76% da liña específica de apoio á hostalería, o 68% da liña correspondente as persoas traballadoras autónomas, na que o 40% corresponde a autónomos da hostalería, e o 62% da liña das microempresas, un 26% destinadas para a hostalería.
Feijóo quixo lembrar que o prazo de presentación de axudas para as microempresas e a hostalería aínda rematou o pasado 28 de decembro polo que destacou que nunca unha orde como da destas medidas pactadas na mesa do Diálogo Social e do Emprego Autónomo de Galicia, pagouse de xeito tan rápido.
Segundo sinalou Alberto Núñez Feijóo na súa intervención, o Goberno Galego activou 374 millóns de euros, con cargo ao orzamento da Comunidade Autónoma, para financiar as necesidades de liquidez e as axudas directas a determinados sectores da economía galega como autónomos, familias, particulares e, en algúns casos, entidades e concellos, chegando a uns 120.000 beneficiarios.
Más da metade desos 374 millóns, ao redor de 210 millóns de euro, foron destinados a axudas para apoiar as pemes, garantir a seguridade e xerar confianza no consumidor, así como á dixitalización e a préstamos con intereses baixos, co que se pretende aliviar as dificultades das empresas e soster o emprego.
Finalmente, o presidente da Xunta lembrou que o seu gobernó destinou uns 61 millóns de euros ao ámbito social, en axudas para a conciliación dos menores de 12 anos, Tarxeta básica ou o Bono coidado extraordinario para dependentes, e tamén se está a financiar o 100% do Bono alquiler social para as 800 familias que o posúen.