A Xunta decidiu estender a moratoria para a descarga dos carteis de aforo dos locais e do código QR para o rastrexo de posibles contaxios da Covid-19 ata o próximo venres 12 de marzo ás 00 horas, co fin de que os hostaleiros poidan adaptarse á nova normativa e á posta en marcha dun Plan de hostalería segura que permita compatibilizar a actividade no sector coas normas sanitarias.

As visitas masivas á páxina web para a descarga as ferramentas, para a obtención do código QR ou para facer consultas provocaron sobre as novidades que presenta esta normativa, nas últimas horas presentáronse algúns problemas técnicos que xa están resoltos.

Con todo, a Xunta recorda que as demais medidas decretadas para a reapertura segura da hostalería son de obrigado cumprimento desde que entraron en vigor o pasado 26 de febreiro. Así, deberá respectarse o límite de capacidade permitida, sobre todo nas terrazas, nas que non poderá superar o 50% do total, ademais dos horarios de apertura e peche, a distancia de seguridade, o uso de máscara e, en definitiva, todas as medidas que figuran na orde do 25 de febreiro do 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalería segura en Galicia.

Se ti es un dos hostaleiros que tiveches problemas ou dúbidas coa plataforma e as súas ferramentas, podes consultar a guía que adxuntamos cos pasos a seguir para obter tanto o código QR como os carteis.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?