O segundo Plan de Rescate a persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecemento hostaleiros pasa hoxe a fase de tramitación administrativa coa máxima prioridade posible para que as axudas cheguen con urxencia aos sectores máis afectados polas restricións sanitarias xurdidas pola crise da Covid-19.

Tras semanas de contactos cas diferentes entidades e axentes sociais, a conselleira de Emprego e Sanidade, María Jesús Lorenzan, quixo valorar o consenso acadado cos representantes dos autónomos, nos que APE Galicia formou parte moi activa, e coa patronal e os sindicatos, cos que tivo a derradeira reunión.

A conselleira comprometeuse a tramitar e pagar as axudas coa mesma axilidade que co primeiro Plan, co que Administración autonómica terá mobilizados en 90 días máis de 160 millóns de euros: aos 86,2 millóns do primeiro Plan sumaranse os 75 millóns do segundo.

Segundo afirmou Lorenzana, o Plan activarase de inmediato para que as contías económicas cheguen a máis, con menos requisitos, máis rápidas e acumulables co primeiro Plan de rescate, cunha tramitación áxil e eficaz que elimine a burocracia, tal e como se fixo co reparto do primeiro Plan, co pago dun 70% das peticións antes de que rematara o prazo de solicitude.

Entre as novidades do novo Plan destaca o importe das contías, que será maior en función das porcentaxes de perda acreditadas polos solicitantes. Os autónomos, ademais, non terán que acreditar ser beneficiarios de prestación por cese de actividade e tampouco se lles esixirá ás microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar aos cartos.

No caso da hostalaría, os apoios faranse extensivos aos establecementos que deban permanecer pechados por recomendación sanitaria, aos que soamente poden servir comidas para levar o de envío a domicilio e mesmo aos negocios que no mes de xaneiro so puideron traballar coas terrazas operativas.

Ademais, o Plan contará cunha liña específica de axudas para outros sectores diferentes ao da hostalería que tamén deben permanecer pechados a causa das restricións sanitarias como son os negocios de ocio infantil, ximnasios ou actividades de feira, entre outros.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?