A consellería de Igualdade e Emprego publica hoxe no DOG a orde para regular o procedemento do modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporala de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións de actividade pola Covid-19, que están en vigor dende a publicación do Real Decreto Lei 2/2021, do 26 de xaneiro, onde se establece que non é preciso tramitar un novo expediente administrativo para acceder a eles, sempre que se realice unha comunicación do cambio de situación á autoridade laboral.
A presentación deberá facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a partir de mañana, xunto coa documentación complementaria.
Normativa:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210205/AnuncioG0599-040221-0001_gl.html