Marín, 27 de outubro de 2023. Ao redor de 30 persoas traballadoras autónomas e pemes de Marín asistiron o pasado venres á xornada informativa “A dixitalización dos negocios no rural”, organizada por APE Galicia en colaboración do IGAPE, o Concello de Marín e a asociación ACEMAS, co fin de potenciar os negocios na contorna rural.
No evento, que se celebrou no Museo Municipal Manuel Torres ás 12:30, participaron o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, Miguel Fidalgo, Responsable das Oficinas Sur no IGAPE, Beatriz Rodríguez, encargada de Promoción Económica e Patrimonio no Concello de Marín e Cristina Souto, presidenta de ACEMAS.
O relator experto en marketing dixital, Jaime Barreiro, analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondou nas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos mediante a dixitalización. Ademáis, amosou as ferramentas dispoñibles e as oportunidades que poden brindar os pequenos cambios tecnolóxicos na contorna rural. Por último, da man de Miguel Fidalgo, responsable das oficinas Sur no IGAPE, fíxose unha pequena revisón de todos os apoios e axudas que a Xunta de Galicia ofrece para que se poidan levar a cabo.
Esta iniciativa, ofrece información sobre o emprendemento, a mellora do desenvolvemento profesional, a consolidación de proxectos e a reinvención dos negocios na contorna rural. En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é inspirar ás persoas autónomas, animar a emprender, consolidar o negocio no rural e detectar novas oportunidades que chagan da man dos cambios tecnolóxicos.
A clausura deste ciclo de xornadas que pasou xa por 4 puntos da xeografía galega, será o 7 de novembro en Vilamartín de Valdeorras no mesmo horario.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través de www.apegalicia.gal.