A Xunta de Galicia reforza nos orzamentos de 2021 as axudas do programa Emega destinado a impulsar o emprendemento feminino, tal e como avanzou onte a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na inauguración en Santiago de Compostela do III Encontro das emprendedoras desta iniciativa.

O obxectivo deste acto é o de formar a rede Emega para inspirar a outras mulleres no camino do emprendemento, dando voz e visibilidade ás emprendedoras, coñecer a actividade empresarial liderada en feminino e ofrecer a oportunidade de crear unha rede profesional que fortaleza ás empresas.

María Jesús Lorenzana quixo poñer en valor a posta en marcha desta rede, destacando que as Contas de Emprego e Igualdade destinarán en 2021 máis de 3,6 millóns de euros aos apoios do Emega, o que supón máis do dobre que en 2020 (+108%) co reto de seguir aproveitando a potencialidade das mulleres galegas e, así, continuar creando novas oportunidades de negocio, entre outros, no terreo da innovación, das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e no medio rural. “O progreso das mulleres é o progreso de todos”, sinalou a conselleira e reiterou que para o Goberno galego é unha prioridade seguir avanzando na igualdade de oportunidades.

O programa Emega inclúe catro liñas de actuación para apoiar a aquelas mulleres emprendedoras que desexen materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo tamén á creación de novos postos de traballo femininos. Estas liñas son Emprende destinada á posta en marcha de novas empresas; Innova para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres; Activa que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; e ITEF que se centra na posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica.

 

Tamén ofrece dúas modalidades de axudas complementarias: Concilia, de apoio á conciliación da vida laboral, persoal e familiar; e Dual para impulsar a participación das promotoras no programa de titorización co obxectivo de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais. Este último servizo de titorización e asesoramento fíxose extensivo ao 100% das mulleres que recibiron as axudas do Emega na edición do 2019.

 

Entre 2009 e 2020, o Goberno galego investiu máis de 11,2 millóns de euros a estas axudas co que contribui co financiamento de máis de 900 proxectos empresarais femininos e a creación de 1.600 postos de traballos. Tamén foi incorporando melloras como as do 2020 para adaptar as axudas á situación creada pola covid-19 e, así, minimizar os efectos da crise sanitaria, contando este ano con maior orzamento da súa historia, o que permitiu apoiar 197 iniciativas empresariais de mulleres e a creación ou mantemento de 324 postos de traballo femininos.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?